miércoles, 18 de julio de 2012

18 de xullo. De fogueiras e avións.

E pasou a noite de San Xoan
E non queimamos todo o que habíamos queimar

            A saco: o Festival Aéreo de Vigo, que vai celebrar (¿) a sua X edición, non é que sexa unha imbecilidade; non é que sexa un gasto inútil; non é que sexa unha cousa molesta e desagradable para moitos de nos. E dicir, non é que sexa so todo o apuntado. É, ademais, e sobre todo, un insulto a nosa intelixencia que avións militares, concebidos e diseñados para matar persoas,  fagan chorradas enriba das nosas cabezas para, supostamente, nos entreter. É de supor que as poboacións de amplas zoas do Libano, de Libia, de Iraq, de Afganistán, da ex –Iugoslavia, e de outros moitos sitios tamén teñan disfrutado recentemente da pericia dos pilotos, da tecnoloxía de vangarda, dos vós rasantes e outras trapalladas coas que os galegos da costa sur imos deleitarnos, tanto se queremos como se non, o próximo fin de semana. Boeno, aí vai un enlace a unha páxina que fala do tema:
           
            Por hoxe mais nada. Boas noites, e boa sorte.

jueves, 12 de julio de 2012

12 de xullo de 2012. Xente con e sen talento.

Dende sempre tiven entre os meus coñecidos xente con talento. Músicos, debuxantes, actores, artesans, cociñeiros,  fotógrafos…O cal, claro está, é unha sorte non merecida. Pero ter contacto, ou amizade, ou coñecemento, ou o que sexa, con persoas dotadas para a creación, para a expresividade, para a transformación, non crea somente sentimentos de gratitude e admiración.
A estas alturas da existencia xa ún leva acumulado un bó número de  frustracións, en todolos eidos. Vagabundo frustrado, mais que nada. E vago. Pero tamén escritor, músico, medievalista (si, home, si), fotógrafo… Frustrado por falla de aptitudes, de capacidade para o esforzo e o traballo, de humildade para aprender, e pola case que nula habilidade para estabelecer relacións “creativas” coas persoas e coas cousas.
A proximidade, o contacto,  coa xente de talento da que falaba ó principio, en un tipo das miñas características,  tende a afondar ese sentimento de frustración. Non de imitación, superación ou algo semellante, non. Frustración e envexa.
Probablemente o único talento que posúo é  a capacidade de recoñocer o talento en outros. Ja.
            Boeno, é o que hai.
Unha persoa que coñezo bastante ben e dende hai moito tempo é PFM: ela é, ademais de moitas outras cousas, artesá. Por certo, un día habíamos falar da artesanía- creación popular versus arte-creación ó servizo do poder, un tema que dá pra mais do que parece. . . Na sua actividade na artesanía, PFM, ó meu entender, destaca como ceramista ou alfarera, porque quizais é na cerámica onde mellor reflicte o seu carácter, ou porque a cerámica adáptase mellor os seus (cambiantes) estados de ánimo. Xa hai ben tempo que non expón nada, e a peza que se amosa a continuación ten xa algúns anos, pero é unha das miñas preferidas. A imaxe obtivose do blog purificacionfernandez.blogspot.com.  A peza en cuestión chámase “voraces”, inda que creo lembrar que nalgunha exposición o nome que levaba era “carnivoras”. Por suposto, podedes contactar con ela ou ver mais traballos seus no tal blog, que para eso está. Supoño.



Unha persoa irritantemente talentosa. Vaia. 
E xa está. Boeno, vouvos recomendar un autor, Amy Hempel, e un libro: “Cuentos Completos”. Unha das mellores escritoras que existen na actualidade. Quero dicir, unha das persoas que mellor escriben, na actualidade. Vale. Este libro está dispoñible na Biblioteca Central, ou Nodal, de Vigo. Non sei onde dicían que a traducción non é todo o boa que podía ser, polo que se alguén pode lelo en versión original, mellor para él. De nada.

E remato por hoxe. A foto que vai arriba é miña, e non ten título. Boa sorte, saúde e anarquía.

miércoles, 4 de julio de 2012

4 de xullo. Un canto ó idioma (galego, of course)


Boas.

 Unha vez mais, a foto non ten nome, e ven sendo como unha continuación das duas primeiras. Espero que goste.


Outra cousa. Deixo aí a continuación un poema de Manuel María, ben fermoso e suficentemente coñecido, pero que non está de mais lembrar de cando en vez. Porque sí.


Canto ó idioma galego

Idioma meu, homilde, nidio, popular,
labriego, suburbial e mariñeiro
que fas avergoñar
ó burgués, ó señorito i o tendeiro:
levas sangue do povo
e raigañas escuras
que anuncian un día novo
sin mágoas nin tristuras.
Idioma proscrito,
asoballado,
soterrado,
refugado,
negado
como a probeza i o delito,
fala do emigrante e do maldito:
soio resoas nos lares
das xentes populares.
¡Ti tés que rexurdir puro,
poderoso, enteiro
pra erguer noso futuro
de povo ausoluto e verdadeiro!



Se alguén me quere algo, mo decides en carlosdeteis@terra.es.
Pois eso é todo por hoxe. Saude.

lunes, 2 de julio de 2012

2 de xullo de 2012. Celebración.

Dende un recuncho esquecido do imperio, nunha lingua esquecida.

Lembremos por un intre ós que perderon a capacidade de ser felices, e de facer felices os demais.
Ós que perderon a capacidade de amar, e de ser amados.
Ós que non topan o camiño de volta a casa.
Ós que converten a vida nun traballo, nunha obriga, nun valeiro.

Ós. Que. Perdimos. A. Capacidade.

Porque, se nos non lembramos, quen?

Gardemos un minuto de silenzo.
E logo sigamos coas nosas cousas.
Como sempre facemos.